O Poco F2 Pro estréase como o smartphone 5G de alta gama máis económico do mercado
martes, 12 de maio do 2020
Hai un
par de anos Xiaomi
revolucionou o mercado co lanzamento do Poco F1, que chegou a España a un
prezo que partÃa dos 299 euros, algo abraiante se temos en conta que este
smartphone viña co procesador Qualcomm Snapdragon 845, ou sexa, o procesador
propio dos móbiles de gama alta do momento; e agora repiten a xogada, e
presentan o Poco
F2 Pro, equipado co procesador Qualcomm Snapdragon 865, e que parte dun
prezo de 499 euros, o que dista moito da ganga do primeiro modelo, pero
que sitúase igualmente como un dos smartphones con estas prestacións máis económicos
que poderemos atopar.
O Poco F2 Pro non só ten o procesador 5G máis potente do mercado, senón que tamén
ten outros elementos de alto rendemento, como memoria LPDDR5, almacenamento UFS
3.1 e Wi-Fi 6; unha pantalla AMOLED Full HD+ de 6,67 polgadas con HDR10+ e
Corning Gorilla Glass 5; toma para auriculares, NFC, lector de pegadas en
pantalla, emisor de infravermellos e baterÃa de 4.700 mAh con carga rápida de
30 watts (capaz de completar a carga en 63 minutos).
A nivel fotográfico conta cunha cámara frontal retráctil de 20 MpÃxeles con soporte
de cámara lenta a 120 imaxes por segundo; aÃnda que o seu punto forte é a
cámara traseira cuádrupla, cun sensor principal de 64 MpÃxeles, soporte de
gravación de vÃdeo 8K, modo nocturno, desenfoque de fondo durante a gravación
de vÃdeo e incluso modo profesional para poder disparar fotografÃas e gravar
vÃdeos cun elevado nivel de axustes.
O prezo de lanzamento
do Poco F2 Pro será de 499 euros para a versión con 6 GB de RAM LPDDR4X e 128
GB de almacenamento UFS 3.1 (dispoñible dende hoxe en unidades limitadas e
con entrega en 12 dÃas laborais), estando en breve tamén dispoñible un modelo
con 8 GB de RAM LPDDR5 e 256 GB de almacenamento UFS 3.1 que custará 599 euros.