O PonoPlayer consegue financiarse en Kickstarter en poucas horas
mércores, 12 de marzo do 2014
O reprodutor
multimedia promovido por Neil Young, o
PonoPlayer, chegou finalmente a Kickstarter, onde pode encargarse o
dispositivo por 300 dólares (227,42 euros con portes incluÃdos) na súa versión
estándar ou a 400 dólares (299,62 euros) para unha das edicións con sinaturas
de artistas como Lenny Kravitz, Norah Jones, Herbie Hancock, Tom Petty, Patti
Smith, Willie Nelson ou Neil Young, entre outros (limitadas a 500 unidades por
versión) e, sorprendentemente, en poucas horas conseguiu superar os 800.000
dólares que tiñan marcados como obxectivos, o que considérase como un grande éxito
de marketing, posto que a proposta
tecnolóxica detrás desta plataforma musical é un tanto absurda.
Con PonoMusic non só temos un reprodutor musical portátil (cunha calidade aÃnda
por demostrar), senón que chega unha plataforma de música descargable con
gravacións de ultra-alta resolución, que ocuparÃan unhas 6,5 veces máis que un
CD sen comprimir, o que serÃa un desperdicio absoluto de espazo, xa que os
discos compactos musicais rexistran a música cunha calidade superior á que pode
recoñecer o oÃdo humano (se falamos de son estéreo).
Mentres os CD almacenan o son cunha frecuencia de mostra de 44,1 kHz a 16 bits,
o formato de PonoMusic garda o son a 192 kHz a 24 bits, sendo tal frecuencia
totalmente esaxerada, servindo como reclamo para un público desinformado, xa
que ningún humano poderÃa distinguir entre tal gravación e a dun CD se atendemos
ao teorema de Nyquist.
Poderiamos considerar que coa tecnoloxÃa de PonoMusic estamos ante un caso de
engano no que confúndese ao consumidor con expresións como alta resolución, que leva a establecer analoxÃas coa definición das
imaxes, cando no ocaso de reconstrucións de ondas sonoras non existe tal
paralelismo. De feito, iso foi un dos motivos para que as tecnoloxÃas Super
Audio CD (SACD) e DVD-Audio fosen un fracaso absoluto, por terse demostrado
empiricamente que os formatos de son estéreo de alta definición son un mito
que só busca colocar novas tecnoloxÃas nos fogares con interese comercial, sen
existir unha mellora real.
- A edición asinada do PonoPlayer véndese por 400 dólares a través de Kickstarter