O Portabook XMC10 sorprende polo seu teclado de grande tamaño

xoves, 10 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Nun momento no que os netbooks parecían equipos extintos, sorprende ver como dende o Xapón o fabricante King Jim atrévese a lanzar un orixinal equipo nesta liña, o Portabook XMC10, que chama poderosamente a atención por ter unha pantalla de 8 polgadas (cunha resolución de 1.280 x 768 píxeles) para conseguir un tamaño moi compacto, pero cun teclado propio dun equipo con pantalla de 12 polgadas para unha maior comodidade (e que gárdase en dúas partes durante o transporte do equipo).

O equipo funciona coa versión de 64 bits de Windows 10, ten un procesador Intel Atom x7-Z8700 a 1,6 GHZ, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, lector de tarxetas SD, 1 porto USB 2.0, webcam, saída HDMI e, grazas a que o seu grosor total é de 34 milímetros, pode incluso contar cunha saída VGA. Pese a tal grosor mantén o seu peso en 830 gramos, de xeito que estamos ante un equipo que pode resultar atractivo para certos usuarios profesionais, que sairá á venda no mes de febreiro, cando poderase ver se ten algo que facer coa vaga de equipos 2-en-1 que están a inundar o mercado e ofrecen prestacións semellantes nun formato máis elegante e versátil (especialmente porque a proposta te King Jim ten o disparatado prezo de 90.000 iens, ou sexa, uns 676 euros).

O teclado do Portabook XMC10 é a súa prestación máis rechamante

Vídeo promocional do Portabook XMC10

PUBLICIDADE