O Realme 10 chega a semana que vén a España

martes, 14 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

O Realme 10 presentouse para o mercado chinés hai tres meses, e aínda que se fixo agardar, por fin sabemos que chegará a España o vindeiro día 22 a un prezo especial de lanzamento de 229 euros para o seu modelo con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento.
Estamos ante un móbil moi prometedor, que funciona cun procesador Helio G99, presume de pantalla Super AMOLED cun refresco de 90 Hz, conta con altofalante con UltraBoom e a súa batería de 5.000 mAh ten carga rápida de 11 watts, ao que se sumamos a súa cámara traseira principal de 50 Mpíxeles, temos un dos móbiles máis equilibrados do mercado, xa que sen elevar excesivamente o seu prezo consegue ofrecer un produto cun rendemento aceptable e unha autonomía impresionante. Pese a todo, o Realme 10 ten unha carencia que este ano podería comezar a considerarse un auténtico lastre: carece de conectividade 5G.

PUBLICIDADE