O Realme 5 chegará a España acompañado dunha promoción de Black Friday

xoves, 21 de novembro do 2019 Marcus Fernández

O pasado luns presentábase na India o Realme 5, un smartphone do selo de baixo custo de Oppo que sorprendía por contar cunha batería de 5.000 mAh, capacidade coa que sería capaz de operar até 19,1 horas reproducindo vídeos de YouTube ou 8,5 horas xogando ao PUBG, de xeito que podería converterse para no grande referente para os que busquen un móbil con boa autonomía e prezo axustado. Pois este atractivo smartphone xa ten confirmado o seu lanzamento en España, e aínda que o seu prezo de 169 euros estea xa bastante ben, adiantan que o Realme 5 custará 159 euros co gallo do Black Friday.
Tendo en conta que falamos dun smartphone con cámara traseira cuádrupla, pantalla de 6,5 polgadas, deseño elegante resistente a salpicaduras, procesador competente (Qualcomm Snapdragon 665), 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 256 GB, non podemos dubidar en que estamos ante unha compra magnífica para usuarios que poidan prescindir dunha pantalla Full HD e de NFC.

PUBLICIDADE