O Redmi Note 10 5G terá un prezo de partida de 199,99 euros
xoves, 6 de maio do 2021
O fabricante chinés Xiaomi segue a ser lÃder en España,
posición que leva mantendo durante 5 trimestres consecutivos, o que no primeiro
trimestre do ano supuxo o 35% dos smartphones vendidos, considerablemente por
diante de Samsung (co 27%), de Apple (co 11%) e de Opo (co 9%) mentres vemos
que Huawei cae até unha cota ridÃcula (4%) para unha compañÃa que estaba en
cabeza cando se produciu o tráxico veto estadounidense que deixou a compañÃa
chinesa fóra de xogo.
Nun escenario actual tan favorable Xiaomi busca consolidar posicións, e
presenta o Redmi Note
10 5G, que posiblemente sexa un dos terminais cunha mellor relación entre
prestacións e prezo, xa que está equipado cun procesador MediaTek Dimensity 700
con 5G, pantalla Full HD+ de 6,5 polgadas cunha frecuencia adaptable de até 90
Hz, cámara tripla cun sensor principal de 48 MpÃxeles, lector de impresións
dixitais no lateral, NFC (compatible con Google Pay), emisor de infravermellos,
conector para auriculares e unha xenerosa baterÃa de 5.000 mAh (con carga de 18
watts) que deberÃa achegarlle unha magnÃfica autonomÃa, todo por un prezo que
parte dos 199,99 euros, polo que deberÃa ser un dos grandes referentes no
merado durante os vindeiros meses.
O prezo de 199,99 euros corresponden ao modelo de 4 GB de RAM e 64 GB de
almacenamento interno, mentres que o modelo con 128 GB de almacenamento
incrementarÃa o seu prezo até os 229,99 euros. Estes prezos son de lanzamento,
polo que subirán lixeiramente a semana que vén, buscando asà instar aos usuarios
a realizar unha compra anticipada, xa que o lanzamento do produto está fixado
para o 11 de maio.
Adicionalmente Xiaomi tamén porá á venda o Redmi Note 10S, un
smartphone bastante semellante, pero que ao apostar por un procesador MediaTek
Helio G95 deixa claro que prefire prescindir da 5G para centrarse na potencia,
polo que serÃa un produto moi interesante para xogadores. A súa cámara traseira
tamén mellora a súa resolución chegando aos 64 MpÃxeles e a carga da súa
baterÃa pode realizarse a 33 watts (polo que en 30 minutos pode completarse a
carga até o 54%). Outro detalle a ter en conta deste móbil son os seus
altofalantes estéreo, que ofrecen unha boa experiencia tanto vendo vÃdeo como
xogando.
Este potente móbil custa 249,99 euros con 6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento
interno, incrementando o seu prezo en 20 euros se queremos optar po un
almacenamento interno de 128 GB.