O Samsung Galaxy A21s preséntase como un móbil económico con cámara cuádrupla e boa autonomía

venres, 15 de maio do 2020 Marcus Fernández

Dentro da renovada familia Galaxy A Samsung está a preparar a chegada dun novo smartphone de prezo asumible, que verá a luz o 19 de xuño a un prezo por determinar, e que posiblemente teña moi boa recepción. O Samsung Galaxy A21s será un teléfono bastante completo para ser un teléfono de entrada, cunha pantalla HD+ de 6,5 polgadas perforada para acoller unha cámara frontal de 13 Mpíxeles, procesador de 8 núcleos, 3/4/6 GB de RAM, 32/64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB), con lector de pegadas traseiro, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 48 Mpíxeles e unha batería de 5.000 mAh con carga rápida de 15 watts.
En vista desta configuración podemos estar ante un smarphone cunha grande autonomía, con cámaras competentes e cun deseño bastante moderno, que deixa ver que estamos ante un dispositivo de última xeración. Se temos en conta que o Samsung Galaxy A20e (que podemos considerar que é o produto ao que o A21s buscaría suceder) ten pantalla de 5,8 polgadas, cámara traseira dual e batería de 3.000 mAh, podemos entender que o novo móbil de Samsung será unha importante mellora que incluso podería levarnos a entender que estamos ante unha versión económica do Galaxy A51 (dispositivo que aspira a ser o rei da gama media durante 2020).

JPEG - 186.8 KB
Folla de especificacións do novo Samsung Galaxy A21s

PUBLICIDADE