O Samsung Galaxy A7 chega a España a 349 euros

mércores, 10 de outubro do 2018 Marcus Fernández

O mes pasado Samsung sorprendeu presentando o seu Galaxy A7, un smartphone de gama media con cámara traseira tripla, que abre novas posibilidades fotográficas, e que xa temos en España con carcasas en azul, negro ou dourado a un prezo de 349 euros, colocándose así como unha interesante opción de compra para quen se preocupa por disparar boas fotografías, pero non quere mercar un smartphone de alta gama.
Este novo teléfono conta cunha pantalla Super AMOLED de 6 polgadas con resolución Full HD+, cun deseño elegante e con NFC para gozar de Samsung Pay, polo que estaría moi próximo aos smartphones de alta gama (agás por carecer de carga rápida por USB-C, carga sen fíos e resistencia ao po e á auga), pero cun prezo moi axustado, e pode xa mercarse nas tendas habituais e a través de Movistar e Yoigo, incorporándose tamén aos catálogos de Orange e Vodafone no mes de novembro.
Lembremos que este smartphone está equipado cun procesador de 8 núcleos, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB), cámara traseira tripla de 24, 8 e 5 Mpíxeles (con distinto angular), cámara frontal de 24 Mpíxeles, lector de pegadas dixitais, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0 e batería de 3.300 mAh.

PUBLICIDADE