O Samsung Galaxy A9 terá cámara traseira cuádrupla
xoves, 11 de outubro do 2018
Na mesma semana na que chega
a España o Samsung Galaxy A7, un smartphone de gama media con cámara
traseira tripla, a compañÃa surcoreana presenta o seu Galaxy A9, un terminal pioneiro
por incorporar a primeira cámara traseira cuádrupla, conseguindo asà unha grande
versatilidade á hora de captar en imaxe o que acontece ao noso redor.
O Samsung Galaxy A9
permite sacar fotografÃas dinámicas e estéticas con facilidade, de xeito que
tanto pode tomar imaxes a distancia cun zoom óptico 2x, como aproveitar a súa
lente grande angular para recoller todo o que temos diante, aproveitando tamén
a intelixencia artificial para recoñecer as escenas e asà procurar disparar a
mellor fotografÃa posible en cada situación. Coa lente de profundidade tamén
permite axustar a profundidade de campo de xeito manual e centrase no suxeito
obtendo fotografÃas cun aspecto profesional.
Cómpre salientar que a cámara principal do smartphone é de 24 MpÃxeles cunha
apertura f/1.7, ou sexa, que xa por si soa serÃa capaz de grandes instantáneas,
pero apoiada por un zoom 2x de 10 MpÃxeles, grande angular (120 graos) de 8
MpÃxeles e un sensor de profundidade de 5 MpÃxeles consegue uns resultados
inéditos nun dispositivo desta gama. A súa cámara frontal tampouco queda atrás,
e ten un sensor de 24 MpÃxeles cunha apertura f/2.0.
Este novo smartphone, que chegará a España en novembro, ten unha pantalla Super
AMOLED de 6,3 polgadas con resolución Full HD+, procesador de 8 núcleos, 6 GB
de RAM, 128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de
até 512 GB), Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, NFC, lector de pegadas dixitais e baterÃa
de 3.720 mAh que pode cargarse por USB-C.
- O Galaxy A9 chegará en novembro a España en varias cores