O Samsung Galaxy M20 chega oficialmente a España

luns, 11 de marzo do 2019 Marcus Fernández

A semana pasada demos conta da aparición do Samsung Galaxy M20 nun par de tendas en liña españolas a un prezo de 229 euros, e finalmente hoxe confirma a chegada oficial deste interesante terminal ao noso territorio e, curiosamente, cita precisamente ás tendas en liña antes citadas como as primeiras plataformas a través das que poderá conseguirse este smartphone dirixido ao público millennial.
O Galaxy M20 conta cunha pantalla Full HD de 6,3 polgadas con tecnoloxía Infinity-V (ou sexa, cunha pestana superior con forma de V para albergar unha cámara frontal de 8 Mpíxeles con selfie flash); funciona cun procesador Exynos 7904 de 8 núcleos; chega con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento ampliables mediante tarxetas microSD de até 512 GB; a súa cámara traseira dual conta cun sensor de 13 Mpíxeles con apertura f/1.9 e outro de 5 Mpíxeles con grande angular (120 graos); integra desbloqueo facial e lector de pegadas dixitais traseiro; aínda que o principal argumento de compra para este smartphone é a súa batería de 5.000 mAh que pode cargarse rapidamente co seu cargador de 15 watts incluído.
Outros detalles salientables do Galaxy M20 é o soporte de dobre SIM (ambas con VoLTE) e a certificación Widevine L1 (que permite que as aplicacións de streaming máis populares ofrezan os seus contidos en alta definición).

PUBLICIDADE