O Samsung Galaxy M30s terá baterÃa de 6.000 mAh
mércores, 18 de setembro do 2019
A familia de smartphones Galaxy M comeza a súa renovación, e
hoxe mesmo presentan
na India os modelos Galaxy M10s e M30s, destacando este último por integrar
unha baterÃa de 6.000 mAh, de xeito que serÃa capaz de reproducir até 29 horas
de vÃdeo cunha única carga. Precisamente para que a carga deste terminal non se
eternice, pode cargarse por USB-C a 15 watts.
O Samsung Galaxy M30s ten unha pantalla Super AMOLED Infinity U Full HD+ de 6,4
polgadas, procesador Exynos 9611, cámara traseira tripla (de 48, 8 e 5 MpÃxeles),
cámara frontal de 16 MpÃxeles, lector de tarxetas microSD de até 512 GB e dúas
configuracións: unha con 4 GB de RAM LPDDR4X e 64 GB de almacenamento interno
UFS 2.1 que venderase a 13.999 rupias (178 euros) e outra con 6 GB de RAM e 128
GB de almacenamento interno, que venderase por 16.999 rupias (216 euros). Pese á
súa xigantesca baterÃa, contén o seu grosor en 8,9 milÃmetros e o seu peso en
188 gramos. Poderá mercarse na India a partires do 29 de setembro, e deberÃa
estar dispoñible en Europa dentro de poucas semanas.
Pola súa banda o Samsung Galaxy M10s é un terminal moito máis modesto, con
pantalla Super AMOLED Infinity V HD+ de 6,4 polgadas, procesador Exynos 7884B,
3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno, baterÃa de 4.000 mAh e un prezo de
8.999 rupias (114 euros).