O Samsung Galaxy M51 ten unha baterÃa de 7.000 mAh
luns, 31 de agosto do 2020
A familia de móbiles Galaxy M destaca historicamente polas
súas xenerosas baterÃas, e o Samsung
Galaxy M51 leva esta prestacións a un novo nivel, xa que este smartphone
que vén de facerse oficial en Alemaña conta cunha baterÃa de 7.000 mAh, capacidade
máis propia dunha tableta que dun teléfono, que vén acompañada por unha moi
necesaria carga rápida de 25 watts (para evitar que se eternice a carga dunha
baterÃa tan grande).
AÃnda que outros móbiles que hai no mercado con baterÃas xenerosas teñen a ter
deseños espartanos, no Galaxy M51 atopamos un smartphone acorde coa súa
familia, cunha pantalla Super AMOLED Plus de 6,7 polgadas cun orificio superior
central que agocha unha cámara frontal de 32 MpÃxeles con enfoque en vivo (ou
sexa, que permite comprobar o efecto de desenfoque de fondo en tempo real),
sitúa o seu lector de impresións dixitais nun lateral e coida especialmente a
súa cámara traseira cuádrupla, equipada cun sensor principal de 64 MpÃxeles, un
grande angular de 123 graos e 12 MpÃxeles, unha cámara de profundidade de 5
MpÃxeles e un macro de 5 MpÃxeles.
AÃnda que non esteamos ante un móbil de grandes prestacións, a súa
configuración é máis que dabondo para a grande maiorÃa de usuarios, cun
procesador de 8 núcleos, 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB). O seu prezo de lanzamento
en Alemaña é de 360,01 euros.