O Samsung Galaxy S7 Active terá pantalla de 5,1" e batería de 4.000 mAh

luns, 6 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Como en anteriores xeracións dos Samsung Galaxy S, finalmente chega un modelo reforzado para usuarios que teñan que empregar o smartphone ao aire libre ou realizando actividades nas que perigue a súa integridade, o Samsung Galaxy S7 Active, que venderase inicialmente a través de AT&T nos EE.UU., o que permítenos coñecer a súa aparencia e prestacións.
O Galaxy S7 Active mantén as prestacións básicas do S7 (procesador Qualcomm Snapdragon 820, 4 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD, cámaras de 12 e 5 Mpíxeles, NFC, carga sen fíos e lector de pegadas dixitais), aínda que reduce a súa pantalla até as 5,1 polgadas e incrementa a súa batería até os 4.000 mAh (de xeito que a súa autonomía debería de ser excelente) á vez que incorpora resistencia aos golpes grazas á incorporación de proteccións de goma, de xeito que non só soporta a auga como o modelo ordinario, senón que tamén resiste caídas, golpes, sucidade e temperaturas extremas.
O seu prezo estará na liña do Galaxy S7 Edge e sairá nos EE.UU. o 10 de xuño en tres cores/deseños diferentes, quedando por saber as condicións nas que chegará ao noso mercado.

O Galaxy S7 Active está especialmente reforzado para soportar caídas e outras agresións

Vídeo de presentación do Samsung Galaxy S7 Active

PUBLICIDADE