O Samsung Galaxy Z chega como unha alternativa económica ao Galaxy S II

xoves, 30 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O desexado Samsung Galaxy S II terá un irmán cativo, o Samsung Galaxy Z, un terminal con Android 2.3, pantalla de 4,2 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, procesador de dobre núcleo nVIDIA Tegra 2 a 1 Ghz e, en vez dunha cámara de 8 Mpíxeles e 32 Gb de almacenamento interno, confórmase cunha cámara de 5 Mpíxeles (capaz de gravar vídeo a 720p) e 8 Gb de almacenamento (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb).
O terminal mide 125,3 x 66,1 x 9,5 milímetros, pesa 135 gramos e, aínda que queda un pouco por debaixo do Galaxy S II tamén en procesador e tipo de pantalla, sería de agardar un prezo substancialmente máis reducido, pois en Suecia o Galaxy Z pode adquirirse por 3.995 coroas (435,76 euros), mentres que na mesma compañía páganse 6.295 coroas polo Galaxy S II (686,63 euros).

PUBLICIDADE