O Samsung Soul combinará prestacións e estilo

venres, 8 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Samsung presentou hoxe un novo terminal de telefonía móbil que se poderá ver a vindeira semana no Mobile World Congress de Barcelona, o Samsung Soul, nome que pretende recoller o seu lema The Spirit Of ULtra (o espírito de Ultra), que pretende continuar o éxito de outros móbiles da serie Ultra Edition (coma o D900 e o U600).
O Samsung Soul é un móbil cuatribanda con conectividade HSDPA de ata 7,2 Mbps, te teclado deslizante, pantalla de 2,2 polgadas, cámara de 5 Mpíxeles con flash LED e detección de cara, radio FM, lector de memorias microSD, Bluetooth e un grosor de só 12,9 milímetros.
Para achegar unha boa experiencia de uso, o Soul inclúe a tecnoloxía Magical Touch de DaCP, de xeito que as iconas do panel de navegación cambian segundo o uso que se faga do dispositivo.

PUBLICIDADE