O Sony Ericsson W960 combina multimedia, Wi-Fi e pantalla táctil

venres, 15 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O iPhone está a facer que o público preste atención ás pantallas táctiles nos móbiles, e Sony Ericsson non parece querer quedar de lado nesta nova tendencia polo que presentan o seu móbil W960 que non só funciona tanto cos dedos na pantalla como cunha pluma, senón que tamén incorpora conectividade Wi-Fi e posúe unha memoria interna de 8 Gb de capacidade, polo que se converte nun produto moi interesante para os partidarios dos móbiles multimedia e dos que queiran acceder a páxinas web dende a palma da súa man (incorpora o navegador Opera).
O Sony Ericsson W960 ten unha pantalla de 2,6 polgadas, é tribanda, soporta GPRS e UMTS, pode ampliar a súa capacidade de almacenamento con tarxetas de memoria, integra o sistema operativo Symbian UIQ 3.1, ten unha cámara de 3,2 Mpíxeles, conectividade Bluetooth (inclúe de serie uns auriculares sen fíos) e a súa batería permite escoitar música durante 27 horas.

PUBLICIDADE