O Sony Ericsson Xperia arc aposta pola imaxe
luns, 10 de xaneiro do 2011
Tras a boa acollida da familia de terminais Sony
Ericsson Xperia X10 chega agora o Xperia
arc, que busca levar un chanzo máis arriba os terminais telefónicos con
Android coa versión 2.3 dos sistema operativo promovido por Google, unha
pantalla X.LED de 4,2 polgadas cunha resolución de 854 x 480 pÃxeles, un grosor
de menos de 9 milÃmetros e un peso de só 117 gramos, no que semella unha
combinación moi equilibrada de elegancia e potencia.
O Sony Ericsson Xperia arc funciona cun procesador a 1 GHz, motor Mobile BRAVIA,
baterÃa de 1.500 mAh, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas microSD), conectividade Wi-Fi, a-GPS, HSPA, Bluetooth, radio FM e
saÃdas de jack e HDMI. A súa cámara é de 8 MpÃxeles, con flash LED e gravación
de vÃdeo a 720p. No tocante ao seu software, podemos comentar o feito de que
inclúa o sistema de navegación GPS Wisepilot.
Polo momento descoñecemos a data de lanzamento e o prezo que terá este
interesante terminal que parece querer competir seriamente co Nexus S.
VÃdeo de presentación do Sony Ericsson Xperia arc