O Sony Xperia E4 promete unha autonomía de 2 días

martes, 10 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

Sony non só apunta á gama alta coa súa gama de smartphones Xperia Z, senón que tamén quere agora facerse un oco entre os terminais de entrada, nos que ten pouca presenza, e para o que presenta o novo Sony Xperia E4, un teléfono con pantatalla de 5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles, un procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 GB, cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, Bluetooth 4.1, radio FM, grosor de 10,5 milímetros e peso de 144 gramos, que cunha batería de 2.300 mAh promete unha autonomía de un par de días de uso activo (que incluso podería superarse se entran en xogo os modos STAMINA e Ultra STAMINA de aforro de batería.
Este novo terminal sairá á venda en poucos días con carcasa en cor branca ou negra, contando tamén con versión para dobre SIM, e sorprende polo seu deseño con bordes redondeados, o que pode dar a entender un cambio de estética nos vindeiros smartphones da familia Xperia. Aínda que inicialmente anúnciase que o dispositivo funcionará con Android 4.4.4, na ficha do produto detállase que terá Android 5.0, no que parecen transmitir que o terminal chegará ás tendas coa versión vella de Android, pero actualizarase ás poucas semanas.

O Sony Xperia E4 venderase con carcasa en negro ou en branco


Vídeo de presentación do novo Xperia E4

PUBLICIDADE