O Surface Book inicia a súa comercialización europea
xoves, 18 de febreiro do 2016
Mentres a tablet Surface Pro 4 leva un tempo dispoñible en
España, o equipo Surface Book parecÃa estar a resistirse a chegar a esta lado
do Atlántico, dando a impresión de que Microsoft non querÃa ampliar a súa
distribución até corrixir serios problemas que tiña no seu firmware coa xestión
da súa baterÃa, que finalmente
se corrixiu nunha importante e moi agardada actualización (para Surface Pro
4 e Surface Book), de xeito que os equipos máis atractivos de Microsoft superan
as súas principais eivas para situarse no pedestal que merecen para
establecerse como os equipos portátiles aos que o resto de fabricantes teñen
que aspirar.
Non parece casual que sexa agora tamén o momento no que sae á venda en Reino
Unido, Francia, Alemaña, SuÃza e Austria o Surface Book, que en
Inglaterra parte dun prezo de 1.299 libras esterlinas, deixando claro que
non é un ordenador para todos os petos, pero ante o que aÃnda non hai ningún
equivalente doutros fabricantes (como si acontece coa tableta Surface Pro 4,
que ten bastantes competidores a prezos bastante atractivos). É asà de agardar que en poucas semanas o equipo tamén se comercialice en España.
Cómpre lembrar que a principal diferencia entre ambos equipos de Microsoft é o
seu uso principal, de xeito que o Surface Book é un portátil con pantalla de
13,5 polgadas que pode funcionar como tableta, mentres que a Surface Pro 4 é
unha tableta con pantalla de 12,3 polgadas que pode empregarse como un
ordenador portátil.