O ThunderMag permite recuperar o MagSafe en equipos con USB-C
luns, 11 de febreiro do 2019
Durante bastantes anos os equipos portátiles de Apple destacaban
entre outras cousas por utilizar conectores magnéticos para a súa carga, de
xeito que se por algún accidente tirábase forte do cable de carga, en vez de
caer o equipo ao chan, o cable desconectábase e evitábase unha desgraza. Estes
conectores MagSafe eran todo un sinal de identidade, pero coa adopción do
USB-C no MacBook dÃxose adeus a esta tecnoloxÃa, que botan en falta moitos
usuarios, de aà que non sorprende que estea a trunfar en Kickstarter unha
campaña que quere facer realidade o ThunderMag.
O ThunderMag vén a ser un adaptador magnético na liña do MagSafe, para cables
USB-C, que destaca por permitir transmisións de datos de até 40 Gbps (ou sexa,
Thunderbolt 3) e a entrega de corrente de até 100 watts, de xeito que poderÃa
recuperar as bondades da carga a través dun conector magnético á vez que
manterÃa as prestacións propias da transmisión de datos por Thunderbolt 3, en
contraste con solucións semellantes como o cable
de carga BreakSafe Magnetic de Griffin, que só soportaba até 60 watts de
carga e non permitÃa a transmisión de datos nin vÃdeo.
Neste momento é posible optar por facerse cun ThunderMag por 39 dólares (o que
suporÃa unha rebaixa do 50% con respecto ao seu posible futuro prezo de venda)
e comezarÃa a entregarse aos seus mecenas a partires de abril, de xeito que por
algo máis de 37 euros (gastos de envÃo incluÃdos) poderÃa conseguirse un destes
accesorios para poder utilizar dun xeito máis seguro a carga por USB-C nun
ordenador portátil de Apple.
VÃdeo promocional do ThunderMag