O WePad sairá no verán por a partires de 450 euros

martes, 13 de abril do 2010 Marcus Fernández

Dende Europa tamén temos alternativas ao iPad de certo atractivo, coma o agardado WePad, que tras distintos anticipos, finalmente concreta a súa data de lanzamento e prezo, de xeito que xa sabemos que este tablet xermano con procesador Intel Atom N450, pantalla de 11,6 polgadas, 2 portos USB, webcam, Wi-Fi e unha capacidade interna de 16 Gb sairá á venda en agosto por 450 euros, mentres que por 569 euros poderá adquirirse unha versión con 64 Gb de almacenamento, GPS, 3G e capacidade para a reprodución de vídeo en alta definición.
Dende Engadget detallan que na presentación ante a prensa do WePad o equipo corría con Windows 7, sistema operativo no sobre o que funcionaba unha interface gráfica deseñada especificamente para o seu uso táctil, aínda que, segundo parece, a versión final do dispositivo operará con Android, de aí que os paralelismos co iPad sexan máis que evidentes, aínda que como vén a ser habitual nos competidores do dispositivo de Apple, neste caso exista compatibilidade coa tecnoloxía Flash de Adobe.


Prototipo do WePad presentado en vídeo

PUBLICIDADE