O Xiaomi Mi Max 2 sorprende cunha baterÃa de 5.300 mAh
xoves, 25 de maio do 2017
Cando o ano pasado Xiaomi presentou
o xigantesco Mi Max, un teléfono con pantalla de 6,44 polgadas, conseguiu conquistar
unha grande posición no mercado, destacando tanto polo tamaño de pantalla do
dispositivo como pola súa magnÃfica autonomÃa (grazas a integrar unha baterÃa
de 4.850 mAh) e agora queren repetir a xogada, e hoxe presentan o Mi Max 2, terminal que mantén a
súa enorme pantalla de 6,44 polgadas, pero leva a súa baterÃa incluso máis aló,
até os 5.300 mAh, de aà que incluso ofreza a posibilidade de funcionar como
baterÃa externa para outros dispositivos.
O novo teléfono móbil de Xiaomi mellora o seu deseño para facilitar o seu uso
cunha man, ten un corpo de metal unibody, goza de Quick Charge 3.0 (algo moi
importante por mor da grande capacidade da súa baterÃa), aproveita o seu tamaño
para integrar altofalantes estéreo e incluso da un importante salto de calidade
na súa cámara traseira, que integra un sensor Sony IMX386 de 12 MpÃxeles cun
tamaño de pÃxel de 1,25 micrómetros, enfoque automático con detección de fase e
incluso HDR durante a gravación de vÃdeo.
Este novo smartphone funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 625, 4 GB de
RAM e venderase por 1.699 iuans (220 euros) con 64 GB de almacenamento e por
1.999 iuans (260 euros) con 128 GB de almacenamento. Tamén conta con lector de
pegadas dixitais e emisor de infravermellos (para controlar televisores e
sistemas de aire acondicionado).
Temos asà un novo teléfono que probablemente teña unha magnÃfica aceptación
entre usuarios que busquen boa autonomÃa e bo tamaño de pantalla, e que non lle
resulte problemático ter que cargar cun dispositivo de grandes dimensións (de
aà que boa parte dos esforzos de marketing da compañÃa chinesa vaian destinados
a atraer ao público feminino).
- O Mi Max 2 busca atraer ao público feminino, que ao non levar habitualmente o móbil no peto do pantalón non considera problemático o seu masivo tamaño