O Xperia L1 é a nova aposta de Sony pola gama media

mércores, 22 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Un novo smartphone de Sony prepara a súa chegada ao mercado, buscando gañarse ao público que non quere realizar un grande investimento, de xeito que o Xperia L1 sería un teléfono de gama media bastante ordinario que presume dunha pantalla de alta calidade cunha diagonal de 5,5 polgadas (aínda que a súa resolución é de só 1.280 x 720 píxeles, o que pode parecer pouco para as súas dimensións) e apostaría por un conector USB tipo C (algo menos frecuente do que debería).
O Xperia L1 funciona cun procesador MediaTek de catro núcleos (MT6737T), 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDXC de até 256 GB), cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, Bluetooth 4.2, NFC, batería de 2.620 mAh, un grosor de 8,7 milímetros e un peso de 180 gramos; estará dispoñible en varias cores (negro, branco ou rosa) e en versión con 1 ou 2 SIM en función do mercado. Confíase na súa posta á venda o mes que vén.

O Xperia L1 venderase en 3 cores distintas

PUBLICIDADE