O ZTE U950 sorprende co seu agresivo prezo

martes, 30 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Non só Huawei baixa o listón do prezo dos smartphones con Android para achegalos ás masas co Honor 2, senón que tamén o fabricante chinés avanza na mesma dirección e ZTE sorprende aínda máis co seu ZTE U950, un móbil con pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador nVIDIA Tegra 3 de 4 núcleos a 1,3 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno, cámaras de 5 e 0,3 Mpíxeles, batería de 2.000 mAh, só 9 milímetros de grosor e sistema operativo Android 4.0, que chega ao mercado chinés ao agresivo prezo de 999 iuans (123,70 euros).
Aínda que o Huawei Honor 2 pode resultar máis atractivo por poder considerarse un móbil de alta gama, o ZTE U950 converteríase nun dos smartphones con Android de gama media máis económicos do mundo, que vai estrearse no mercado chinés o vindeiro día 15 (non estando prevista polo momento a súa comercialización internacional).

PUBLICIDADE