O bolígrafo intelixente de Livescribe venderase a partir de marzo

luns, 28 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Livescribe prometía revolucionar o xeito de ver apuntes cun Smartpen, e agora o prototipo que presentou o pasado ano parecer listo para a súa comercialización, de xeito que xa aceptan reservas deste produto que se comezará a vender no mes de marzo.
O nome comercial do bolígrafo intelixente será Pulse, e se venderá en versión de 1 e 2 Gb a 149 e 199 dólares respectivamente. O Pulse funciona cun papel especial, e grava tanto o escribimos coma o son que se escoita nese momento (ata un máximo de 200 horas na versión de 2 Gb), sincronizando texto e audio, o que resulta moi práctico á hora de repasar apuntes, e permite que sexa unha ferramenta moi útil para estudantes e reporteiros.
O Pulse funciona cun procesador ARM-9 e pode sincronizarse con ordenadores PC co sistema operativo Windows XP ou Vista, aínda que están a traballar no soporte de Mac OS X para a segunda metade do ano.
Tamén queren que o software do seu produto estea aberto a outros desenvolvedores, que poderán empregar un SDK baseado en Java e Eclipse para dar máis xogo a este prometedor dispositivo.

PUBLICIDADE