O concurso para Novos Emprendedores de Caixanova chega á fase final

martes, 18 de marzo do 2008 Raquel Noya

O campionato de simulación empresarial organizado pola Escola de Negocios Caixanova vén de chegar á súa última fase con só cinco equipos finalistas dos 466 participantes.
Play! Desafío para Novos Emprendedores é un proxecto pioneiro impulsado por Caixanova para fomentar a vocación emprendedora entre os adolescentes de toda Galicia e Norte de Portugal, que tiveron que crear unha empresa de produtos lácteos e elaborar cada semana un plan de xestión para un ano co obxectivo de competir nun mercado virtual integrado por todas elas.
Os cinco equipos finalistas, todos eles formados por alumnos de secundaria, son os que mellor xestionaron as súas empresas nos seus respectivos mercados obtendo os meirandes beneficios. Eles pertencen ós institutos de:
- IES Nº1 de O Carballiño.
- IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
- IES de Foz.
- IES David Buján de Cambre.
- Escola Secundária/3 Aurélia de Sousa de Oporto.
O equipo gañador desta II edición do concurso para emprendedores recibirán un ordenador portátil para cada un dos seus integrantes así comounha beca de estudos na Escola de Negocios Caixanova, valorada en 6.000 euros e cunha validez de 10 anos.

PUBLICIDADE