O elegante Acer CloudMobile poderá verse no Mobile World Congress

venres, 10 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Adiantándose ao Mobile World Congress, Acer lanzouse a anunciar o seu novo móbil insignia, o Acer CloudMobile, que será o primeiro terminal en ofrecer a tecnoloxía AcerCloud, que conecta de xeito seguro co contido persoal en ordenadores a través de CloudMobileTM, o que permitiría ver milleiros das nosas fotografías en calquera lugar ou escoitar a nosa colección musical completa tanto se estamos no fogar ou en mobilidade.
O deseño do Acer CloudMobile tamén é un dos pratos fortes deste terminal (o que está presente nos seus moitos detalles), que conta cunha pantalla laminada de 4,3 polgadas con resolución de alta definición e coméntase que podería funcionar con Android 4.0 e ter un grosor de menos de 10 milímetros. Aínda que non chegará ao mercado ata o terceiro trimestre do ano, será posible ver detalles do mesmo no congreso de telefonía móbil de Barcelona que terá lugar en poucos días.

PUBLICIDADE