O futuro Nexus 6 podería ter unha pantalla de 5,92 polgadas

venres, 26 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Nas últimas semanas collen forzas os rumores que apuntan a que o novo terminal da familia Nexus estaría fabricado por Motorola e adoptaría a forma dun tabletófono, chegando incluso a verse prototipos deste Motorola Shamu que estaría destinado a converterse no Nexus 6. Nas imaxes filtradas vemos ao suposto prototipo xunto a un LG G3 (con pantalla de 5,5 polgadas) o que pode darnos unha idea do tamaño do terminal, que sería semellante ao do iPhone 6 Plus, o que provoca sensacións encontradas entre os seareiros dos dispositivos Nexus.
Coméntase así que o Nexus 6 podería contar cunha pantalla de 5,92 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 805, 3 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno e cámaras de 13 e 2 Mpíxeles e batería de 3.200 mAh, no que parece un Moto X coas especificacións técnicas dun Samsung GALAXY Note 4.
En poucas semanas sairemos de dúbidas, aínda que non faltan os rumores que apuntan tamén a que Google podería seguir os pasos de Apple lanzando terminais Nexus en dous tamaños distintos, o que podería ser de utilidade á hora de desenvolver aplicacións pensando na variedade de smartphones que hai actualmente no mercado.

PUBLICIDADE