O libro educativo dixital centra un simposio esta semana en Santiago

martes, 19 de novembro do 2019 Redacción

Esta semana, os días 21 e 22 de novembro, celébrase en Santiago a edición 16 do simposio O libro e a lectura, que organizan a Asociación Galega de Editoras/es e a Concellería de Educación. A cita, que se celebra no Consello da Cultura Galega, contará coa intervención de Antón Costa e Gregorio Luri, que impartirán as conferencias de apertura e peche, e de profesoras e representantes das editoras de libro educativo, que participarán en tres mesas redondas e nun panel de experiencias. O simposio centrarase desta volta no libro educativo na era dixital, na transmisión do coñecemento no ensino e a convivencia do libro en papel e do ebook.
A concelleira de Educación, Noa Díaz; o vicepresidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos, e a secretaria técnica da AGE, Silvia Bello, deron conta dos detalles deste simposio nunha rolda de prensa celebrada este martes no Pazo de Raxoi.
Dúas conferencias, tres mesas redondas e un panel de experiencias vertebran un programa que se inicia o xoves 21 de novembro, ás 10:00 horas. Antón Costa encargarase da conferencia de apertura. Seguiralle o panel de experiencias Editar libro educativo, con representantes das editoras galegas Baía, Tambre e Rodeira (12:30 horas).
As sesións continúan na tarde do xoves 21 de novembro, ás 16:30 horas, coa mesa redonda Proxectos educativos dixitais, a cargo de José Moyano, presidente de ANELE; Ana Guerra, de Edicións Obradoiro; Xosé Manuel Moo, de Xerais; e a profesora Susana Trigo. Ás 18:30 h celebrarase a mesa redonda As ferramentas da educación, con José Javier Pintor, asesor de formación do CFR da Coruña; o pedagogo Xesús Rodríguez e Olga Patiño Abeixón, representante da AS.PG, para pechar a xornada do xoves.
O venres 22 de novembro, iniciarase a segunda xornada do simposio, ás 10:00 h, coa mesa redonda O futuro da educación, con Fernando Lacaci, presidente da Confederación de ANPAS galegas; Manuel Bragado, pedagogo e editor; e a profesora Paula Fernández Seoane. Finalmente, Gregorio Luri encargarase da conferencia de peche das xornadas (ás 12:30 horas).
As sesións do XVI Simposio da AGE están abertas ao público, que pode inscribirse de balde ata cubrir as prazas (aforo 100 persoas) no enderezo electrónico s.tecnica@edito

PUBLICIDADE