O monitor LG W63D achega as 3D en alta definición ao PC

xoves, 22 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Para ver películas en 3D ou utilizar videoxogos estereoscópicos de PlayStation 3 é preciso adquirir un televisor de alta gama a un prezo totalmente desproporcionado, polo que moitos consumidores interesados nesta tecnoloxía prefiren agardar a que se popularice, pero para os usuarios de PC a cousa está máis doado, e temos monitores coma o novo LG W63D, que cun tamaño de 23 polgadas, unha resolución de 1.920 x .1080 e unha taxa de refresco de 120 Hz permite o seu uso en modo 3D, polo que de contar coas lentes 3D axeitadas podemos abrirnos a esta experiencia por un prezo de 379 euros, o que agradecerán especialmente os xogadores máis impacientes.
Aínda que o cine e a televisión en 3D contan con poucos contidos, a meirande parte dos videoxogos actuais poden reproducirse en 3D, xa que os seus gráficos están procesados tridimensionalmente (aínda que se amosen en 2D).
O LG W63D tamén ten un son excelente, con SRS Tru-surround HD optimizado para 3D, de xeito que parece que o son sae das imaxes e non dos altofalantes.

Aínda que o LG W63D ten un bo rendemento en 2D, ao utilizalo con lentes 3D os xogos poden gozarse con máis realismo e profundidade

PUBLICIDADE