O novo SHIELD TV integra control domótico e o asistente de Google
xoves, 5 de xaneiro do 2017
O pasado mes de xuño chegou a
España a consola de videoxogos nVIDIA SHIELD, que chamaba a atención por
estar baseada en Android V e achegar unha capacidade gráfica notable á vez que
podÃa empregarse como servidor de Plex, de xeito que tiñamos un dispositivo
multifunción que resultaba atractivo tanto para xogar como para o consumo de
contidos multimedia e organización dos mesmos. Nas últimas semanas puidemos ver
como este dispositivo desaparecÃa paulatinamente das tendas, no que comentábase
que era por mor da súa renovación, e finalmente nVIDIA
acudiu ao CES de Las Vegas para anunciar a nova xeración da SHIELD TV, máquina
que no seu modelo con 16 GB
de capacidade poderá adquirirse por 229,99 euros, mentres que a versión Pro
con 500 GB de disco duro sube o seu prezo 100 euros.
Parece claro que estamos ante un produto que non o ten doado para competir coas
consolas de videoxogos tradicionais (que incluso poden conseguirse a prezos
sensiblemente inferiores) pero si ten grande atractivo para os que queren gozar
de contidos multimedia de alta calidade, converténdose nun excelente accesorio
para o salón, xa que a súa revisión achega imaxes en ultra alta definición con
HDR (para tirar bo proveito dos novos televisores) e incluso integra a
tecnoloxÃa de busca por voz de Google, facendo que falándolle ao seu mando a
distancia podamos localizar contidos de Netflix, YouTube, Spotify ou incluso
xogos da plataforma en liña de nVIDIA e incluso ten funcións de control por voz
orientadas á domótica (ou sexa, que será posible empregar esta solución
tecnolóxica para controlar as luces do fogar, o termóstato, as portas do garaxe...
se contamos no fogar con SmartThings Hub). AÃnda que a busca por voz está
dispoñible en calquera dispositivo Android TV, desta volta serÃa o primeiro
trebello en incorporar unha nova funcionalidade: o uso o asistente de Google no
televisor, ou sexa, que facilitarÃa o control por voz en mans libres, aÃnda que
polo momento só en inglés e nos EE.UU.
De cara aos xogos, nVIDIA conta cunha plataforma en liña que permite gozar de
grandes videoxogos en distintas modalidades, entre os que se inclúen tÃtulos como
Watch Dogs 2, Assassin’s Creed: Syndicate ou For
Honor, pero co detalle de que a partires de agora procurarán que os novos
lanzamentos de Ubisoft estean dispoñibles para nVIDIA de xeito simultáneo á
estea para PC.
VÃdeo promocional do novo nVIDIA SHIELD TV