O novo iPhone económico tería pantalla LCD e cámara traseira simple

xoves, 6 de setembro do 2018 Marcus Fernández

Dentro da vaga de filtracións sobre os futuros iPhone que presentaranse a semana que vén por fin chegan detalles sobre o que serían os móbiles máis económicos: os considerados como sucesores do iPhone SE (versión económica do iPhone 6s). Falamos de novos iPhone que en vez de ter pantalla OLED contarían con pantalla LCD de 6,1 polgadas e traseiras de cores. E precisamente a última filtración refírese ás traseiras, xa que en vez de optar polas tradicionais cores negra e prata, estarían dispoñibles en vermello, azul ou branco (aínda que hai fontes que falan de prototipos en bastantes máis cores).
A imaxe filtrada tamén deixa ver que o novo teléfono tería unha cámara traseira sinxela, polo que poderiamos entender que ese sería o seu grande compromiso para poder conseguir que o seu prezo baixe até uns rumoreados 799-809 euros, en vez dos 1.149 euros que de lanzamento tiña o iPhone X.

PUBLICIDADE