O novo monitor Asus ZenScreen colle imaxe e alimentación por USB (tipo A ou C)

xoves, 1 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Cando precisamos dun monitor secundario en mobilidade é importante poder contar cunha pantalla delgada, lixeira e que reduza o máximo posible o número de cables e adaptadores de corrente, o que fai moi atractivo a nova pantalla Asus ZenScreen MB16AC, que cunha diagonal de 15,6 polgadas e unha resolución Full HD presume de poder recibir o sinal de vídeo e a corrente eléctrica directamente do noso portátil a través de USB-C ou USB-A, e incluso é sensible á orientación (de xeito que adáptase automaticamente segundo o coloquemos en vertical ou en horizontal).
A nova Asus ZenScreen ten un grosor de só 8 milímetros e un peso de 780 gramos, contando tamén cunha funda que pode transformarse nun soporte para manter a pantalla sobre a mesa, facilitando así o seu uso como monitor externo; aínda que como curiosidade inclúe un orificio circular nunha das súa esquina inferior dereita de xeito que podemos manter a pantalla sobre a mesa con só introducir polo mesmo un bolígrafo. O seu panel IPS achega un amplo ángulo de visión e unha boa reprodución das cores e do contraste e tamén inclúe tecnoloxía Flicker-free para evitar a fatiga visual.
Este monitor externo portátil sairá á venda este mesmo mes, e o seu prezo nos EE.UU. será de 249 dólares. Estes días está a verse no Computex e cómpre salientar que tamén é compatible con algúns smartphones.

A través dun único cable USB-C un portátil pode entregar vídeo e corrente ao novo monitor portátil de Asus
A pantalla adáptase á orientación, de xeito que podemos xirala cando resulte máis cómodo para ver certos contidos

Vídeo promocional da Asus ZenScreen MB16AC

PUBLICIDADE