O pequeno ordenador Linutop 2 comeza a venderse hoxe a 280 euros

martes, 26 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Linutop, o pequeno ordenador baseado en Linux, renóvase e lanza unha segunda versión que inclúe un procesador AMD Geode LX800 a 500 Mhz, 512 Mbytes de memoria RAM (ampliable a 1 Gb), 1 Gb de memoria Flash, 4 portos USB, Wi-Fi, Fast Ethernet, saída de auroculares e entrada de micrófono.
O Linutop 2 mide 14 x 3,5 x 14 centímetros, pesa 580 gramos, consume só 8 W e funciona cunha distribución de Linux coñecida coma Xubuntu, incluíndo o navegador Firefox, o reprodutor multimedia FLC e outras aplicacións informáticas. A súa tarxeta de vídeo permite acadar resolucións de ata 1.920 x 1.440 píxeles e se comezará a vender por 280 euros, mentres que a súa versión anterior reduce o seu prezo a 250 euros.

PUBLICIDADE