O primeiro Forotelecos Galicia visibilizará a COETTGA (demarcación galega do COITT)

xoves, 23 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA), constituído o pasado outono, organiza mañá no Hotel Ciudad de Vigo o I Forotelecos Galicia, un encontro que busca dar a coñecer a nova organización e converterse nunha serie de eventos que no futuro se celebre en distintas localidades galegas.
Vigo foi a cidade elixida para esta primeira edición, que contará cunhas xornadas técnicas, unha entrega de premios e unha cea de gala, á que acudirá o alcalde da cidade, Abel Caballero. As xornadas técnicas abordarán temas como O edificio intelixente: o modo IoT e O segundo dividendo dixital, para posteriormente celebrar a entrega da primeira edición dos Premios Enxeño e unha cea de confraternización. Aproveitarase a presenza de numerosos profesionais do sector para que a secretaria do COETTGA, Patricia Agrelo, presente Mi Red, rede estatal de mulleres enxeñeiras.

Programa do evento

O encontro desenvolverase seguindo o seguinte programa:

– 16:00 – Xornadas Técnicas – Salón do Hotel Ciudad de Vigo
Relatorio: O edificio Intelixente: o modo IoT - José Luis Fernández Carnero, director xeral de estratexia de Televés
Relatorio: O segundo dividendo dixital - Eladio Gutiérrez Montes, Exdirector de RTVE Digital e colexiado de honra do COITT

– 20:00 horas – Cóctel en el SkyBar del Hotel Ciudad de Vigo

– 21:00 horas – Restaurante do Hotel
Benvida do decano do COETTGA, José Manuel Martínez
Presentación de MiRed, rede de mulleres enxeñeiras a nivel estatal, por parte de Patricia Agrelo, secretaria do COETTGA

– 21:30 – Entrega de premios

– 21:45 – Intervención do alcalde de Vigo, Abel Caballero

– 22:00 – Cea e remate do encontro

PUBLICIDADE