O primeiro móbil de Oppo do ano chegará con cristal de zafiro e un grosor de 6,85 milímetros

mércores, 14 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

O fabricante chinés Oppo continúa coidado o deseño dos seus terminais, a para comezar o ano con bo pé comezará a vender a semana que vén por 2.499 iuans (342,28 euros) un terminal bastante interesante polo seu deseño delgado e acadado en cristal de zafiro. O Oppo R1C chegaría en dúas versións, unha en branco e outra e cor zafiro, moito máis rechamante, que posiblemente teña unha acollida moi boa entre o público que busca terminais completos cun acabado de calidade.
Este novo smartphone con conectividade LTE que ten un grosor de só 6,85 milímetros parece estar á altura do que buscan boa parte dos consumidores, xa que máis aló da súa elegancia tamén conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 615 de 64 bits e 8 núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de até 128 GB), pantalla de alta definición de 5 polgadas, cámara traseira Sony de 13 Mpíxeles, cámara frontal de 5 Mpíxeles e 2.420 mAh de batería (probablemente o seu punto máis feble, o que en boa medida é consecuencia do seu reducido grosor). Polo momento comercializarase con Color OS 2.0.1, personalización de Android 4.4, descoñecéndose cando Oppo dará o salto a Lollipop.

PUBLICIDADE