O proxecto galego Pic4Learn achega tecnoloxÃa para facilitar a educación dos nenos autistas
venres, 10 de xullo do 2020
Esta
semana soubemos máis detalles da iniciativa gañadora do Premio
Gradiant LPRO Days 2020, galardón do Centro Tecnolóxico Gradiant
dirixido a impulsar novos proxectos tecnolóxicos da nosa mocidade
innovadora e investigadora. O
premio, que vén con 500 euros de contÃa, foi dar á aplicación
Pic4Learn, baseada na tecnoloxÃa de recoñecemento de imaxes e
dirixida a simplificar e adaptar textos en contos infantÃs. Os LPRO
Days veñen da man da Escola de EnxeñarÃa de Telecomunicacións da
Universidade de Vigo. No xurado participou Gradiant, participando na
selección dos proxectos participantes.
As
presentacións realizáronse de forma virtual e, de entre as cinco
contribucións escollidas finalistas, Pic4Learn resultou gañadora do
Premio Gradiant, valorado en 500 euros.
Pic4Learn
ten a finalidade de traducir pictogramas de texto sen formato a
partir de imaxes, o que derivou no deseño dunha tecnoloxÃa para o
recoñecemento de imaxes e a simplificación e adaptación de textos
en contos infantÃs.
Os
seus creadores, Ana Purriños (AP), Shaila Calvo (SC), Jorge Núñez
(JN), Lorena Gil (LG) e Mónica Loureiro (ML) crearon coa súa
proposta unha ferramenta que dá resposta ás necesidades que cada
dÃa sofren as máis de 27.000 persoas con Trastorno do Espectro
Autista (TEA) en Galicia. Ana Purriños sinalou que “a idea xurdiu
por mor dunha profesora de educación infantil que nos fixo chegar a
dificultade á que se enfrontan os profesores ao ter que traducir
manualmente todos os contidos para os nenos con Trastorno do Espectro
Autista (TEA), moitas veces sen ter o