O smartphone de 3,30 euros remata como unha promesa incumprida
venres, 18 de marzo do 2016
- Pese á presentación mediática, o smartphone que anunciaban que terÃa un prezo de só 251 rupias resultou ser un calote
O mes pasado medio mundo dirixiu a súa mirada cara a India,
xa que unha
compañÃa chamada Ringing Bells anunciaba que o seu smartphone Freedom 251
sairÃa á venda polo prezo indicado no seu nome, 251 rupias (uns 3,30
euros), o que era un prezo incrible de crer para un smartphone con Android 5.1
e 1 GB de RAM, que claramente serÃa máis que dabondo para un uso básico,
supondo unha revolución nos prezos, xa que até o momento o smartphone máis
barato que podiamos atopar un limitado Micromax
S301 por 2.346 rupias (uns 31,36 euros).
De ser certo o anuncio realizado, estariamos nun grande avance para
democratizar o acceso á tecnoloxÃa, pero finalmente os responsables desta
compañÃa demostraron non ser dignos de confianza, xa que as unidades de proba
do Freedom 251 resultaron ser realmente un smartphone de fabricación chinesa, o
Adcom Ikon 4s
(á venda por 4.081 rupias, ou sexa, 54,55 euros) polo que a promesa do
smartphone de 3,30 euros está moi lonxe de resultar crible (especialmente porque
só as pezas do smartphone xa custarÃan 2.500 rupias), e incluso a
compañÃa da India tivo que devolver os cartos aos milleiros de cidadáns que
reservaron unidades para supostamente recibilas no verán.
Estamos ante unha historia que pode lembrarnos ás tabletas
económicas que prometeran para os estudantes da India, que terÃa un prezo dun
32 euros, e que foran outra desfeita tecnolóxica, entregando o fabricante
menos do 0,7% das unidades encargadas e tendo que devolver os cartos aos
compradores ante a súa incapacidade de fabricar 1,4 millóns de tabletas (só
chegaron a completar unhas 10.000 unidades, e cunha calidade lamentable).
Unha vez máis vemos como cando os prezos parecen demasiado baixos como para ser
certos, a primeira impresión tende a ser a atinada, e o escepticismo debe ser o
camiño a seguir.