O teclado encartable de Microsoft sae á venda
martes, 14 de xullo do 2015
Na pasada edición do Mobile World Congress de Barcelona
Microsoft deu a
coñecer un novo teclado universal Bluetooth que pode dobrarse pola metade para
facilitar o seu transporte, e finalmente o dispositivo convértese nun produto
de mercado, podéndose adquirir
na tenda oficial en liña de Microsoft a un prezo de 109,90 euros.
Este teclado é delgado, encartable e con teclas de tamaño normal, de xeito que
resulta relativamente cómodo para traballar, destacando por ser compatible con
iPhone, iPad, tabletas Android, Windows e Windows Phone, podendo emparellarse
con 2 dispositivos ao mesmo tempo. Amais tamén é resistente a derrames de
lÃquidos e a súa baterÃa recargable achégalle unha autonomÃa de 3 meses cunha
única carga.
Este produto resulta especialmente atractivo para usuarios que queren poder
escribir documentos ou correos electrónicos en mobilidade, sen ter que depender
dun ordenador tradicional, podendo asà optar incluso por un smartphone ou unha
tableta para certas tarefas, sen ter que padecer as limitacións que impoñen as
pantallas táctiles.