O teletraballo medra en Galicia: o 20% das persoas ocupadas desfrutan desta opción
luns, 12 de xullo do 2021
Coa
irrupción da pandemia pola COVID-19, a opción do teletraballo
medrou
en Galicia. Segundo
o novo
informe
sobre sociedade dixital
en España relativo
ao período
2020-2021 elaborado pola
Fundación Telefónica,
un 20,5% das persoas ocupadas da comunidade poden traballar desde a
casa. O confinamento fixo que moitos empresarios comezaran a
considerar un modelo semipresencial para seus negocios que tamén
lles axude a manter e atraer talento.
O informe
sinala tamén que o 61% das pemes
españolas facilitará o teletraballo aos
seus empregados nos vindeiros seis
meses. “O teletraballo deixou de ser unha costume residual para
converterse en poucos meses nunha necesidade en moitas organización,
cuxa continuidade de negocio foi posíbel
grazas a que os empregados
puideron seguir traballando desde seus domicilios”, destacou Belén
Espejo, experta en dixitalización do posto de traballo en Telefónica
Empresas.
Neste
contexto, Telefónica vén de crear un Libro
Blanco de Teletraballo
que se divide nas seguintes sección: introdución e contexto,
modelos de traballo a distancia, novo entorno tecnolóxico do
empregado,
recomendacións para o espello de traballo, xestión do cambio e
glosario de términos. Deste xeito, o libro trata de explicar o
contexto legal actual, crear novos espazos de traballo e describir os
pasos que hai que seguir para facer o cambio de cultura e incorporar
novas capacidades dixitais ao traballador.