O web:tv amosa as súas prestacións en varios centros comerciais galegos
martes, 13 de decembro do 2011
O dispositivo web:tv
é unha solución moi completa para a reprodución multimedia e para achegar a
Internet ao televisor, ofrecéndose dende Blusens como un produto completo e sinxelo,
que entre as súas caracterÃsticas está o contar con sintonizador de TDT de alta
definición (o que facilita tanto a gravación da programación televisiva como o
uso da función de pausa en directo).
Tamén conta con prestacións moi atractivas como permitir reproducir a
reprodución multimedia a través dun ordenador, tablet ou smartphone conectado
por Wi-Fi ou un completo catálogo de aplicacións que facilitan o acceso a
medios de comunicación e a distintos servizos audiovisuais en liña.
Como para coñecer todos estes detalles, e se o web:tv se axusta ás nosas
necesidades, o máis recomendable é probar o trebello en vivo, o que poderá
facerse dende esta semana ata o 14 de xaneiro a través dun Roadshow
organizado por Blusens que pasará, entre outras, polas cidades galegas de
Pontevedra (no Carrefour Planet), Vigo (nos centros de Alcampo) e A Coruña (en
Marineda City). AlÃ, os interesados en coñecer de primeira man as posibilidades
que abre un televisor conectado á Internet poderán comprobalo in situ, á vez que coñecen as últimas
actualizacións do produto estrela da galega Blusens, que agora pode
adquirirse por só 129 euros.