O2 sorprende cunha tarifa móbil con chamadas ilimitadas por 10 euros/mes
luns, 25 de novembro do 2019
AÃnda que o operador de baixo custo de Telefónica, O2,
caracterizábase pola simplicidade da súa oferta, parece estar a diversificar a
súa oferta cada vez máis, de xeito que xa non se centra unicamente ao seu
combinado de fibra e móbil por 50 euros/mes, senón que tamén ten fibra por 38
euros/mes e móbil por 20 euros mes, sumándose a esta última tarifa que inclúe
25 GB de datos unha nova opción que por 10
euros/mes inclúe 5 GB de datos (baixando a velocidade a 64 kbps de superarse
o tráfico mensual) incluÃndo chamadas ilimitadas a fixos e móbiles estatais,
mensaxes de texto ilimitadas e, como vén ser habitual neste tipo de operadores,
nin compromiso de permanencia nin penalizacións.
As tarifas de O2 inclúen conectividade 4G, roaming sen custo
adicional na Unión Europea e a posibilidade de contratar adicionalmente o
servizo multiSIM (incluÃndo soporte para eSIM) e bonos adicionais de datos.
O máis sorprendente desta nova tarifa de O2 é que o seu equivalente en
Tuenti ten un prezo de 14,95 euros/mes, dando a impresión de que Telefónica
está a descoidar o que até o momento era a súa marca low-cost de
referencia, e que cada dÃa ten menos atractivos para a súa contratación.