Obama estrea unha páxina web para ilustrar a súa chegada á Casa Branca

venres, 7 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O dominio na nova web leva o cambio no seu nome

Rematadas as eleccións norteamericanas, e definido quen será o novo presidente dos EE.UU., o equipo de Barack H. Obama que conduce o proceso de cambio de mando na Casa Branco lanzou unha nova web baixo o dominio Change.gov para documentar o cambio e recibir ideas dos cidadáns.
Continúa así a aposta que fixeron os demócratas pola Internet nos pasados comicios, de xeito que seguen a apoiarse na Rede para conservar o espírito de unidade por un obxectivo común para que a nova presidencia non decepcione.
A transparencia parece ser a chave deste proceso de transición, que incluso se pode seguir a través dun blog, e como exemplo do achegamento ao público incluso se pode consultar en Flickr unha colección de fotografías nas que se pode ver cómo foi a noite electoral para o futuro presidente.

PUBLICIDADE