Ocosmos OCS-1 preséntase coma un curioso MID cunha pantalla de 4,8 polgadas
mércores, 15 de setembro do 2010
Durante o Intel Developer Forum (IDF) de San Francisco a compañÃa coreana Ocosmos
deu a coñecer un prototipo
dun dispositivo chamado OCS-1, que funciona coa nova plataforma de
procesadores móbiles Oak Trail (concretamente cun procesador a 1,5 GHz cunha
gráfica integrada Intel GMA600) e sorprende polo seu formato moi semellante ao
dunha consola portátil de Sony, pero con prestacións propias dun MID coma
conectividade Wi-Fi N e Bluetooth, almacenamento interno de 64 Gb, cámara
frontal de 1,3 MpÃxeles para videoconferencia e cámara traseira de 3 MpÃxeles,
teclado fÃsico QWERTY que aparece tras deslizar a súa pantalla táctil
capacitiva de 4,8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 700 pÃxeles.
O Ocosmos OCS-1 tamén terÃa a ambos laterais unha cruceta dixital como ás das
consolas de videoxogos, e incluso un pequeno control analóxico sobre a cruceta
esquerda que lembra ao mando analóxico da PSP. FuncionarÃa co sistema operativo
Windows 7 (algo bastante sorprendente para un dispositivo deste tipo) e aÃnda
non está moi claro cal serÃa a súa utilidade, pois dá a impresión de que busca
utilizarse con videoxogos, o que parece bastante arriscado, á vez que terá
complicado competir con ultraportátiles e tablets, especialmente se temos en
conta a sorte
que correron os mini-ordenadores de OQO.
VÃdeo publicado por Engadget sobre o novo prototipo de Ocosmos