OnePlus X, o teléfono chinés que busca o éxito cun elegante deseño e contendo o seu tamaño de pantalla
xoves, 29 de outubro do 2015
Tras o éxito do OnePlus One, o fabricante de móbiles chinés
nacido de Oppo, que aspira a converterse en todo un referente como alternativa
aos teléfonos insignia dos fabricantes máis importantes, lanzou un OnePlus 2, terminal que actualmente
pode mercarse por 399 euros na súa versión con 4 GB de RAM e 64 GB de
almacenamento interno, o que claramente non está ao alcance de moitos, de aÃ
que quixeran ampliar mercado presentando o OnePlus
X, un smartphone que promete converterse nun grande éxito ao contar cun
deseño elegante e un prezo máis contido: sairá á venda o 5 de novembro por un
prezo que parte dos 269 euros.
Este novo terminal chegará inicialmente cun deseño en cristal negro Onyx, para
contar máis adiante unha edición limitada con acabado cerámico, elementos que
combinan á perfección cun marco metálico moi elegante. Pero non só estamos ante
un móbil cun bo deseño, senón que tamén presume dunha rápida cámara traseira de
13 MpÃxeles e unha cámara frontal de 8 MpÃxeles (que conta cun Beauty Mode para os seareiros dos selfies). Este smartphone 4G con dobre
SIM (podendo empregarse o espazo da segunda SIM para ampliar a súa capacidade
interna mediante unha tarxeta microSD de até 128 GB) opta por unha pantalla OLED
Full HD de 5 polgadas (conseguindo asà finalmente agradar aos usuarios que consideran
demasiado grande os anteriores móbiles de OnePlus) e un procesador Qualcomm
Snapdragon 801 de 4 núcleos a 2,3 GHz e gráfica Adreno 330, con 3 GB de RAM e
16 GB de almacenamento interno. Conta con Wi-Fi N, Bluetooth 4.0 e sistema
operativo OxygenOS baseado en Android 5.1.1, e como principal eiva teriamos que
a súa baterÃa serÃa de só 2.525 mAh.
Como vén a ser habitual nesta compañÃa, para mercar o teléfono é preciso contar
cunha invitación, o que fai que a súa dispoñibilidade inicial sexa moi
limitada.
- O OnePlus X pode funcionar con dúas SIM ou cunha SIM e unha tarxetas microSD
VÃdeo promocional do OnePlus X