Orange oferta coa súa banda larga móbil un ultraportátil Akoya Mini E1210 por 199 euros

martes, 21 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Ofrecer ordenadores ultraportátiles de baixo custo con conexións de banda larga móbil xa se converteu nunha canle de comercialización habitual para este tipo de equipos así Orange ofrece coa súa conexión Internet Everywhere Sin Límites (que ten un custo de 39 euros/mes + IVE) a posibilidade de adquirir un ordenador Medion Akoya Mini E1210 por 199 euros, cando este equipo estaría valorado nuns 419 euros (sen contar o modem USB Huawei E220 que se inclúe para poder conectarse á rede 3G de Orange).
O Medion Akoya Mini E1210 é un ultraportátil con procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, 1 Gb de RAM, 80 Gb de disco duro, pantalla de 10 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, Wi-Fi (soportando ata o estándar IEEE 802.11n), webcam, lector de tarxetas de memoria, Fast Ethernet, saída VGA, 3 portos USB 2.0, unhas dimensións de 260 x 180 x 31,5 milímetros e un peso de 1,2 quilos, polo que se trataría dun equipo bastante completo que inclúe de serie o sistema operativo Windows XP Home Edition co Service Pack 3.

PUBLICIDADE