Ordenador ultraportátil con gravadora de DVD e un peso de só 1,1 Kg

venres, 11 de abril do 2008 Marcus Fernández

A emerxencia dos ordenadores ultraportátiles está a fomentar a idea de que as unidades ópticas son algo do que hai que prescindir para contar con alta portabilidade, pero a nova serie Kohjinsha SR demostra que non ten por qué ser así, e integran unha gravadora de DVD nun equipo de 1,1 quilogramo de peso.
O Kohjinsha SR8KPO6S mide 177 x 233 x 33 milímetros e integra unha pantalla táctil xiratoria de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles (que permite o uso do equipo coma Tablet PC), un procesador Intel A110 a 800 MHz, disco duro de 60 Gb, webcam, lector de tarxetas de memoria, Wi-Fi e Bluetooth.
Para reducir o seu consumo a unidade óptica pode desactivarse, de xeito que a batería achegaríalle unha autonomía de entre 3,5 e 7 horas.

PUBLICIDADE