Os AirPods Pro melloran en calidade sonora e autonomía

mércores, 7 de setembro do 2022 Marcus Fernández

Os AirPods Pro de Apple van camiño dos tres anos, polo que parecía inevitable a súa renovación, aínda que sexa simplemente para ofrecer algo novo aos usuarios que tivesen que substituír os seus auriculares sen fíos por mor da degradación da súa batería, de aí que fose bastante previsible o anuncio dos AirPods Pro de segunda xeración, que basicamente limítanse a mellorar a súa calidade de son e a súa cancelación de ruído activa para manterse como referente na súa gama de produto.
Os novos AirPods Pro incorporan o novo chip H2, o que permítelles un rendemento de audio espectacular e melloras significativas na cancelación de ruído activa e no modo de son ambiente, contando tamén con audio especial e permitindo agora o axuste de volume directamente dende un control táctil situado na parte cilíndrica dos auriculares.
Os AirPods Pro tamén melloran a súa autonomía (até 6 horas coa cancelación de ruído activada, o que supón unah mellora de hora e media), contan cun estoxo de carga totalmente renovado (compatible co cargador MagSafe, cun enganche para correa e con tecnoloxía de busca de precisión, que xunto cun altofalante facilita a localización do estoxo en caso de perda) e para mellorar o seu axuste inclúen un tamaño máis de almofadas.
O seu prezo será de 299 euros, chegando ás tendas o vindeiro 23 de setembro.

PUBLICIDADE