Os Beats Studio Buds ofrecen cancelación de ruÃdo e conexión rápida en iOS e Android
luns, 14 de xuño do 2021
Apple
vén de pór á venda os novos auriculares true
wireless con cancelación de ruÃdo Beats
Studio Buds a un prezo de 149,95 euros, o que podemos ver como unha alternativa
económica aos AirPods Pro (que teñen un
prezo de 279 euros), aÃnda que o seu auténtico punto forte é que buscan funcionar
de xeito atinado tanto con dispositivos de Apple como con Android, de xeito que
en iOS funcionarÃan de xeito semellante a uns AirPods, mentres que en Android
tamén poderÃan conectarse de xeito rápido (cun único toque) e cargarse a través
de USB-C.
Estes auriculares sen fÃos son resistentes á auga e á suor (IPX4), teñen
almofadas brandas en 3 tamaños distintos (para adaptarse a distintos ouvidos,
combinando comodidade e illamento acústico), teñen 8 horas de autonomÃa (até 24
horas se contamos as recargas do seu estoxo) con reprodución normal (5/15 horas
coa cancelación de ruÃdo), poden activarse dicindo «Oye Siri», promete unha boa
calidade de son en chamadas e só pesan 5 gramos cada auricular e 48 gramos o
estoxo.
Chegarán ao mercado este verán en cor branca, negra ou vermella Beats, e
posiblemente sexan un produto de grande demanda, ao ser dunha marca propiedade de Apple, aÃnda que cómpre advertir de que estes auriculares carecen do chip W1, polo que non gozan das facilidades multidispositivo dos AirPods.
- O botón integrado no estoxo dos auriculares serve para conectar os auriculares ao dispositivo (iOS ou Android) ao que teñamos os auriculares emparellados