Os COOL-ER preséntanse coma uns lectores de libros electrónicos máis coloridos

xoves, 14 de maio do 2009 Marcus Fernández

O BeBook contará cunha versión de tamaño reducido e outra con conectividade 3GO lanzamento do Kindle 2 e do Kindle DX nos EE.UU. e o seu posible salto a Europa levou aos fabricantes de produtos semellantes a amosar as súas cartas, de xeito que a oferta de lectores de libros electrónicos mellorará considerablemente durante o presente ano.
Por unha banda, Interead presentou os seus dispositivos COOL-ER, que teñen unhas medidas de 18,3 x 11,8 x 10,9 centímetros e un peso de 178 gramos e están dispoñibles en cores moi rechamantes (vermello rubí, azul ceo, rosa claro, rosa escuro, prata, violeta vívido, verde carreira e negro) que os fai parecer da familia dos iPod de Apple.Contan cunha pantalla de 6 polgada con tecnoloxía E-Ink, cunha resolución de 170 puntos por polgada e 8 niveis de gris. Funcionan co sistema operativo Linux, poden gardar 1 Gb de datos na súa memoria interna ampliable mediante tarxetas SD ata 4 Gb, as súas baterías recargables danle unha autonomía suficiente para a lectura dunhas 8.000 páxinas, len documentos JPEG, PDF, EPUB e TXT e estarán á venda a partir do vindeiro día 29 a 225 euros.
Por outra banda tamén sairá durante o verán o novo BeBook mini, dispositivo cunha pantalla de 5 polgadas que estará á venda por só 199 euros e ao que seguirá o BeBook 2, que terá pantalla de 6 polgadas, Wi-Fi e 3G, o que disparara o seu prezo ata os 400 dólares.

O BeBook contará con varios tamaños

PUBLICIDADE